domingo, 6 de novembro de 2016

Hola a todos/as, acabamos de vir da ponte de defuntos,e xa empeza a facer frío despois dun veroño.Xa e a época das castañas e con iso celebrámolo magosto. Quen non comprou nunca un cucurucho delas nos días de frío?

Hoxe imos falar da tarefa que nos mandaron para a clase a cal consistía en traer un obxecto que tivera un significado importante para nós,daba igual o que fora, o importante era a historia que habia detrás. Moitos/as trouxeron algo que lle regalara un parente xa falecido.E porque lle temos tanto cariño? Porque cada vez que os vemos recordannos as persoas que por motivos da vida xa non están pero gracias a iso unha parte deles permanece con nós,outros/as trouxeron obxectos que significaban unha data importante para eles/as xa que foran a algún sitio ou lles sucedera algo especial,dende fotos ata chaveiros.Moitas das historias conmovéronnos xa que era imposible non facelo. Con iso aprendimos a expresar os nosos sentimentos e emocións xa que iso é importante no noso traballo. Para rematar a semana, tivemos o noso primeiro exame, que con moitos nervios o pasamos.
Un saúdo e que teñades unha boa semana.

Feito por:Noemi e Tamara

Ningún comentario:

Publicar un comentario