xoves, 27 de outubro de 2016

As nosas primeiras andainas.


Nestas semanas, nós e as nosas compañeiras estamos a coñecer o importante que é a comunicación para a nosa vida persoal, pero tamén para desempeñar o noso traballo. Moitas veces parécenos que detrás dunhas simples palabras podemos esconder o que realmente sentimos ou pensamos, algo erróneo porque a nosa linguaxe non verbal pódenos delatar dun xeito abismal. As veces nin nos mesmas nos damos conta de que o que estamos dicindo e o que demostramos coas nosas posturas, miradas e demais é o punto contrario. Con isto, ambas queremos expresar que non debemos tentar ocultar os nosos sentimentos, porque o máis fermoso que se pode facer é mostrarse realmente como un é, tanto nos seus enfados coma nas súas alegrías e días malos. Nunca se sabe, algunha vez podemos encontrar o consolo en xente que non o imaxinábamos.


Para rematar, queremos contarvos o que esperamos da festa que organizamos para o Samaín, algo que foi de imprevisto pero que esperamos que sexa unha xornada de alegría e de desfrute, na cal todas as compañeiras (debido a feminización que ten este posto de traballo) poidamos relaxarnos e rematar a semana de xeito agradable.

Isto é todo, esperamos que teñades unha boa ponte!



Feito por: Irene Fandiño e Patricia Fernández.

Ningún comentario:

Publicar un comentario