venres, 21 de outubro de 2016

Abrindo os nosos corazóns

Uns días atrás tivemos que facer unha actividade relacionada con aquelas persoas que nos coidaron cando eramos pequenos, e tiñamos que levar a clase unha foto e explicar quen nos coidara e como o facía. 
Chamounos moito a atención, cando dúas compañeiras nos contaron dúas historias distintas sobre os seus avós; unha delas contábanos que a súa bisavoa falecera recientemente, polo que nos recordaba o moito que a quería e o ben que a tratara cando era pequena. Tamén nos dicía que valorásemos os avos que seguían con nos, que os coidaramos moito e que lle désemos moito cariño.
Sen embargo, outra compañeira, falábanos de que a relación ca súa avoa era casi nula despois de ter un problema familiar, apenas a visitaba, intentaba no ter moita relacióin con ela e tampouco tiña moi boas palabras para describirla. 

Quedamos dándolle voltas a ese tema, porque nos daba moita lástima a situación de ambas. Unha xa non tiña á súa bisavoa e botábaa moito de menos e a outra, tiña unha relación casi inexistente con ela, cando podería aproveitar a súa compañía. 


Por outra parte, aprendimos a importancia dos xestos, e dicir, unha simple mirada, transmite tanto como ou mais que si falaramos. Tamén a importancia da distancia que tomamos á hora de falar con alguén, non podemos manter a misma distancia con alguén coa que salimos a tomar unhas cervexas que aquelas coas que debemos ter un trato máis cordial. 












Feito por Cintia Otero e Laura Lareo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario