xoves, 24 de novembro de 2016

Del revés

Esta semana, na clase de Destrezas sociais estivemos vendo unha película. 

Raley vivía ca súa familia en Minesota e sempre foi unha nena moi feliz e alegre, pero cando se mudou perdeu os seus amigos e deixou de xogar ao hockey que era a súa gran aficción, debido a estes cambios ela deixou de ter sentimentos. Alegría fixo moito esforzo para que volvera ser a mesma, mais todos os  intentos foron en vano. Finalmente, Alegría douse conta de que só coa axuda de Tristeza serían capaz de recuperar a Raley. As dúas xuntas conseguiron que expresara os seus sentimentos e crearon nela novas aficcións e intereses


Con esta película aprendemos que todas as emocións teñen parte vital na nosa vida xa que unhas complementan as outras, non hay emocións boas nin malas todo depende de como as xestionamos e para que as utilizamos. Podemos ter dous sentimentos para un mesmo recordo. Tamén nos percatamos de que para saber apreciar un momento feliz temos que saber o que é un momento triste.
Ademásis é importante aceptar o dolor para así facerlle fronte e poder comezar unha nova etapa. 

Esta película podenos levar a reflexionar cal é o sentimento que predomina en nos, que sentimento nos costa máis expresar e cal nos resulta máis fácil. 




                                          Irene Tuñas
                                          Paula Castro

Ningún comentario:

Publicar un comentario