luns, 12 de decembro de 2016

Visita A Barcia e Centro Residencial Juan Vidan Torres


O pasado Mércores día 7 de Decembro, fomos a visitar o Colexio de Educación Especial de A Barcia e o Centro Residencial Juan Vidan Torres.

Comezamos a visita no Colexio de Educación Especial A Barcia. Recibiunos a orientadora do centro, a cal nos explicou a súa función, as actividades que se realizan, horarios, deunos información para a hora de ir a facer alí as prácticas e informounos do persoal que traballaba no centro. Os nenos/as que teñen a casa mais lonxe quedan a durmir no centro. O centro estará aberto de luns a venres, os fin de semana irán as súas casas xunto as súas familias. Había un total de 44 alumnos/as. As idades para entrar en este centro e de 2 a 21 anos.

Durante esta presentación a nos impactounos moito unha historia que ela nos comentou sobre unha nena de aproximadamente 2 anos, a cal comezou a ter un dor de cabeza moi forte e acabou sufrindo un ictus. Impactounos esta historia debido a que nos creemos que e moi duro que de estar ben totalmente  que derrepente por unha dor de cabeza che pase iso porque non e o mesmo que nazas asi que que derrepente che aconteza algo asi.

Logo de explicarnos todo o citado anteriormente a orientadora fíxonos unha visita guiada por todo o centro, foinos explicando o que facían en cada unha das aulas ou talleres pero sen entrar o interior das aulas para non desorientar aos nenos/as.
O centro dispoñía de aulas para os/as nenos/as, unha piscina, un salón de actos, as habitacións das cales utilizan os que están mais lonxe das súas casas, aula multisensoriais, biblioteca, comedor, aula de fisioterapia...



Tamén visitamos o Centro Residencial Juan Vidan Torres. Alí recibiunos a directora do centro residencial que tamén estaba a cargo da enfermería. 

Este centro está destinado para persoas que necesitan de un apoio amplo e xeneralizado. Está aberto todo o ano menos unhas certas semanas (Nadal, verán, semana santa). Os usuarios/as cada 3 semanas van as súas casas para non perder o contacto coas súas familias.

As actividades que se realizan van encamiñadas a adquisición de hábitos e a rehabilitación física. Dispoñían de un comedor no cal iban por turnos xa que e pequeno, habitacións nas cales había 4 camas, so estaban as camas porque con mesitas ou algo poden facerse dano, unha cociña na cal habia 2 cociñeiras que se reparten en turnos, sala de ocio donde realizaban actividades (taller de ladrillos), baños compartidos con 4 wc e 3-4 duchas para os/as usuarios/as.


En esta visita a estos dous centros pareceunos interesante, o único que non nos gustou tanto foi o Centro Residencial Juan Vidan Torres no tema dos baños e das duchas porque pensamos que deben de ter intimidade e non vimos axeitado que estén os wc e as duchas xuntas sen cortinas nin nada que poida permitir que teñan intimidade. O resto da visita como xa dixemos pareceunos interesante e quedamos satisfeitas.
 

Centro Educación Especial A Barcia:   








Centro Residencial Juan Vidan Torres:















Ana Munín Doce.

Inés Quintáns García.

Ningún comentario:

Publicar un comentario