mércores, 9 de novembro de 2016

¿En qué somos intelixentes?

      Esta semana na clase de Destrezas Sociais, vimos como foi evolucionando o concepto de intelixencia e pareceunos un tema interesante sobre o cal reflexionar.

    Tradicionalmente, entendíase a intelixencia como un concepto único: lingüística e lóxico-matemática.
Para medir esta intelixencia realizábanse test; test que realmente só medían os coñecementos aprendidos ata ese momento e non a capacidade de aprender de cada persoa. Éstes marcaban o teu coeficiente intelectual. Ata ese momento críase que a intelixencia estaba definida, en maior parte, polos factores herdados xenéticamente.
 
     No ano 1983, Howard Gardner cambiou este concepto e creou a teoría das intelixencias múltiples; define a intelixencia como a "capacidade de resolver problemas ou elaborar produtos que sexan valiosos nunha ou máis culturas" e propón a existencia de sete tipos desta:
 
  • Lingüística.
  • Lóxico-matemática.
  • Espacial.
  • Musical
  • Naturalista.
  • Corporal-cinestésica.
  • Emocional (intrapersoal e interpersoal)
 
Podemos definir este último tipo de intelixencia como "a capacidade para recoñecer os propios sentimentos e os alleos, así como a habilidade para saber manexalos"
 
     Afortunadamente, hoxe en día, unha persoa non é intelixente só por posuír coñecementos de lingua, matemáticas ou ciencias, senón que tamén o pode ser sendo bó na música, nalgún deporte, nas relacións interpersoais, intrapersoais...
 
 
Todos somos intelixentes, só temos que descubrir en qué.
 
 
 Tania Calvo.
Tania Labandeira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario