sábado, 12 de novembro de 2016

Se ti cambias, todo cambia.

Esta semana, en Organización, vimos o Foro de Vida Independente e Divertade, este foro foi creado para a loita polos dereitos das persoas con diversidade funcional, e nós, nesta entrada queremos profundizar nun tema  que por desgraza a sociedade aínda non se decata da gran importancia que ten:  as nomenclaturas/términos que utilizamos.
Case todos nós, en máis dunha ocasión temos utilizado calificativos do tipo "retrasado", "enfermo mental", "discapacitado", "minusválido"... sen pararnos a pensar no significado destas palabras.
A míudo referímonos ás persoas con diversidade funcional con términos limitantes e despectivos que o único que fan e infravalorar a estas persoas, e se nós, que queremos traballar con este colectivo non estamos concienciados disto, quen o fará entón?
Estas nomenclaturas aparecen en todas partes e apreciámolas todos os días, un exemplo claro delas e tamén, unha dás máis utilizadas é "minusválido", "prazas de aparcamento para minusválidos"; son as persoas con algún tipo de diversidade "menos válidas" que calquera de nós? " valen menos " ? de verdade pensamos así? e, si non o facemos, porque o expresamos? porque os medios de comunicación que deberían ser un punto de referencia, non dan exemplo, e pola contra, a maior parte de eles segue utilizando estas palabras?
O término "diversidade funcional" comezou a usarse no Foro de Vida Independente e Divertade :
 
 
     Diversidade: variedade, diferencia .
    
     Funcional: referido ás funcións.
 
O que se quere reflexar con este concepto é ante todo, respeto e igualdade, algo que non hai en ningún dos usados anteriormente.

Todo isto vainos afectar á hora de realizar o noso traballo, debemos servir de exemplo,  falar en positivo en todo momento, centrarnos no que SÍ son capaces de facer, quitar ese "DIS" e fixarnos no CAPACES que son todas/os elas/es.

 
Se queremos que as cousas cambien, temos que comezar por cambiar nós. 

Tania Calvo
Tania Labandeira


Ningún comentario:

Publicar un comentario