xoves, 19 de xaneiro de 2017

O que decimos sen falar.

Esta semana na asignatura de Destrezas Sociais estivemos valorando os compoñentes non verbais. Para isto tivemos que elaborar unha lista na cal aparecían reflexados distintos aspectos da kinesia, paralinguaxe e da proxemia. Para que os resultados fosen máis exactos debíamos pasar a lista varias veces o día e despois facer un autoinforme e unha reflexión persoal sobre os nosos puntos febles e fortes dos que non eramos conscientes.

Resultado de imaxes para comunicacion no verbal


Na asignatura de Teleasistencia durante esta semana estivemos preparando distintos tipos de chamadas entrantes e saíntes que podemos realizar ante unha persoa usuaria e debemos representalo mediante un vídeo.


Carla Gañete e Laura Iglesias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario