venres, 3 de marzo de 2017

Comeza a conta atrás...

Esta semana tivemos un pequeno parón xa que foi a ponte de entroido, e despois duns días de descanso e moito estudo, voltamos a rutina. 
Os exámenes finais achéganse e todas estamos cos nervios a flor de pel; pero tamén contentas por poñerlle fin a unha bonita etapa na que aprendemos millóns de cousas entre elas, e a mais importante, que a diversidade non é unha limitación como moitas persoas a día de hoxe pensan se non que simplemente é outra maneira de vivir, de comunicarse, de sentir, etc, e non por esto debemos prexuzgar as capacidades que poidan ter estas persoas.  

Oxe tivemos o terceiro exame deste último trimestre, e aínda que nos quedan 3 máis, sentímonos algo mais aliviadas ao ver que pouco a pouco os vamos sacando. 

NON QUEDA NADA, ¡¡ Asique moito ánimo para todas vamos a darlle un último empuxón que esto xa se acaba!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario