xoves, 16 de febreiro de 2017

Entrevistas que abren novas portas sobre o TEA.

Hoxe, ambas fumos facer unha entrevista xunto as nosas compañeiras Tamara e Noelia ao centro educativo de Aspanaes aquí en Santiago. O motivo de elexir este lugar para facer a entrevista, foi porque días antes fóramos de visita co módulo de Apoio a Comunicación e ás catro nos gustara moito o centro, ademáis unha de nós fará as prácticas alí, polo que o seu interés aínda era maior. 
Como esperábamos a entrevista foi moi enriquecedora e interesante, xa que nos atendeu Alberto, o propio director do Centro. A verdade e que nos explicou todo o que queríamos saber de xeito claro e explícito, algo que fixo que a entrevista fora de proveito e se fixera amena. Ademáis aprendemos moitas cousas sobre as persoas que sofren o Trastorno de Espectro Autista (TEA), o cal fai que miremos este tipo de diversidade de xeito diferente a como o facíamos anteriormente a entrevista e a visita do centro.
En resumo, o centro educativo de Aspanaes é un lugar que se houbera oportunidade, todo o mundo debería visitar, xa que abre un mundo novo ante os ollos das persoas que ven este tipo de diversidade dende a lonxanía. 

Por certo, se algún/algunha quere máis información sobre o centros de Aspanaes ou o TEA non dubidedes en pedírnola, xa que nos deron bastante información a través de folletos.

Un saúdo, e a rematar ben a longa semana!


C.E.E  Duques de Lugo.
Aspanaes.



                                                                                                                    Irene Fandiño e Patricia Fernández.

Ningún comentario:

Publicar un comentario